viernes, 8 de noviembre de 2013

Cidadanía e convivencia dixital


Baixo o título“Cidadanía e convivencia dixital” o vindeiro sábado día 16 de novembro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a duodécima edición da xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión se dirixe a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e á prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.


Dende o centro animamos ás familias a inscribirse para participar neste evento, pois ben seguro que é moi interesante.

Un saúdo.

Toda a información, á vosa disposición neste enlace: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario