miércoles, 14 de mayo de 2014

Proxecto Mocidade Online

¡Ola a todos y a todas!

O CPR ARTAI está a colaborar co Valedor do Pobo no "Proxecto Mocidade Online", iniciativa para a obtención de datos sobre o uso de Internet do alumnado de Galicia.
O proxecto pretende coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto: https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/
Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.

Dende o Valedor do Pobo achegan unha carta ás familias agradecendo a súa colaboración neste Proxecto.