lunes, 23 de septiembre de 2013

Os perigos de Internet

Ola a todos e a todas!

Internet pode ser unha ferramenta moi útil, pero tamén unha grande preocupación para pais y nais. Por iso, dende a Consellería de Traballo e Benestar e o Valedor do Pobo acaban de publicar un cómic moi interesante sobre os perigos que pode ter o mal uso ou abuso da Internet. 
Contan a través dunha historieta as vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar a alterar a convivencia nos seus fogares. 
Unha fantástica oportunidade de ler e debater en familia todo o relativo ao uso de redes sociais (Facebook, Twitter,...), intentando acercar posturas entre pais e fillos adolescentes. 

Esperamos que vos resulte útil. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario